Que é unha rede de seguimento?
Unha rede de seguimento é un conxunto de estacións de mostraxe nas que se realizan, de xeito coordinado, unha serie de protocolos estandarizados de seguimento ambiental.
Redes de seguimento de cambio global
Con motivo do escenario de Cambio Global no que nos atopamos, un grupo de científicos norteamericanos plantexou a idea de crear unha rede de seguimento a longo prazo dos cambios, a través de indicadores ecolóxicos e socioeconómicos (International Long Term Ecological Research, ILTER ), no ano 1993.
Esta REDE foi ampliándose rapidamente, creándose de xeito paralelo, redes locais, rexionais, e nacionais. Estas redes finalmente incluíronse na rede global (ILTER).
En EUROPA créase LTER eUROPE no ano 2003, e posteriomente LTER SPAIN no 2008.