Protocolos

Dende a REGAM nos últimos anos levamos adiante varios proxecos de seguimento ambiental  que se desenvolven ao longo do territorio galego. Estes proxectos contan con protocolos estandarizados que deben ser replicados de forma coordinada por todos os participantes da rede. Nestes enlaces podes atopar información sobre os nosos proxectos e os seus protocolos. Se queres colaborar podes escribir un mail a regamse@gmail.com.

  • Seguimento de Carnívoros Medianos (SECAME). Os mamíferos carnívoros son un dos grupos animais máis descoñecidos da fauna galega, a pesar de que son fundamentais para manter o equilibrio dos ecosistemas. Mediante este proxecto preténdese avaliar a situación dos carnívoros medianos en diversas localidades galegas, co obxectivo de aproximarnos ao coñecemento da súas dinámicas poboacionais ao longo do ano.
  • Seguimento de Micromamíferos (SEMICE). Os pequenos mamíferos poden utilizarse como indicadores da saúde do medio ambiente, da biodiversidade, ou dos cambios localizados ou a escala de paisaxe tanto naturais como provocados polo home. Este proxecto pretende estimar a diversidade e abundancia dos micromamíferos comúns e estudar a dinámica poboacional destas especies.
  • Seguimento de Gasterópodos Terrestres (Proxecto Malacos). Os gasterópodos terrestres comunmente coñecidos como lesmas e caracois son un grupo zoolóxico pouco coñecido a nivel xeral, e en particular en Galicia. Co desenvolvemento deste proxecto preténdese avaliar a situación dos gasterópodos terrestres nalgunhas localidades galegas, vendo a dinámica poboacional e a súa diversidade ó longo dos períodos estacionais do ano.
  • Seguimento de Fauna Atropelada (Red RISFA). As infraestruturas de transporte son unha das principais causas de perdida de biodiversidade na Península Ibérica, provocando efectos negativos na fauna salvaxe. Este proxecto nace co obxectivo de diferenciar as especies máis afectadas polos atropelos, coñecer a evolución temporal das especies detectadas tanto na súa abundancia relativa como na súa área de distribución, comprobar se existen variacións estacional no número de atropelos e detectar puntos negros na rede de estradas peninsular.
  • Sondaxe de Teixugueiras (ISIT). Este proxecto pretende actualizar e mellorar o coñecemento xeral sobre o teixugo (Meles meles) xa iniciado co "I Sondaxe Nacional de Tejoneras (2000-2003)". O seu obxectivo é o seguimento das tendencias e os factores que a inflúen na abundancia e distribución de teixugueiras na Península Ibérica.
  • QuiroRíos. Trátase dun seguimento e/ou monitoraxe de morcegos acuáticos dirixido a calquera persoa que teña ganas de probar unha nova experiencia. O protocolo de traballo é moi sinxelo, de feito non é requisito ter coñecementos previos, e xa verás que é igual de sinxelo como de divertido.
  • Seguimento de Morcegos URbáns (SEMUR). Esta é unha rede de seguimento que ten por obxectivo establecer unha metodoloxía estandarizada de seguimento de morcegos en medios urbanos a través de o voluntariado e a ciencia cidadá, e mediante o uso das novas tecnoloxías e de sistemas automatizados de toma de datos. 

Contacta

Pregunta de seguridade

Coa colaboración de

DepCor_cor_horiz.png